http://www.tiemaiseuteatro.com/
A Asociación Cultural Ti e máis Eu Teatro constituíuse o día 21 de Decembro de 2004 e foi dada de alta no Rexistro Central de Asociacións co número 2004/######-1.
Son fins da Asociación
-Facer un teatro comprometido e crítico cos temas que afectan á sociedade e ás persoas individualmente.
-Fomentar o dereito que cada persoa ten a ser respectada sen distinción da súa raza, relixión, condición social ou sexual.
–Colaborar na promoción de actos a favor da liberdade, o respecto, a igualdade e todo o que signifique progreso e benestar para as persoas e o seu entorno.
O GRUPO TI E MAIS EU TEATRO DESENVOLVE AS SUAS ACTIVIDADES AO AVEIRO DA ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA DO MESMO NOME DENDE O ANO DA SÚA FUNDACIÓN 2004. AS ACTIVIDADES PRIMORDIAIS DO GRUPO SON: ESCRIBIR, MONTAR E REPRESENTAR OBRAS DE PRODUCCIÓN PROPIA QUE TOCAN TEMAS SOCIAIS RELACIONADOS COA CONSERVACIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS, A IGUALDADE, AS RELACIÓNS PERSONAIS E LABORAIS, A COOPERACIÓN, ETC DAS QUE TEMOS REXISTRADAS: “ O CADRO DO ESPANTALLO”, “PARA QUE SERVEN OS HOMES?”, “NUN RECUNCHO DO MONTE”, E “PAN TONA E AZUCRE”.
UN DOS NOSOS OBXECTIVOS E CHEGAR A TODO TIPO DE PÚBLICO FACENDO DENDE GUIÑOIS A OBRAS PARA PÚBLICO ADULTO, SEN ESQUECER O PÚBLICO FAMILIAR.